Derradeira proba da Liga Aromon deste 2024, con centro de competición nas instalacións do Casino Mercantil de Pontevedra, en Mourente.
Categorías da carreira de orientación:
Proba de "Relevos Palentinos" na que se fará unha saída en masa (todos xuntos) e cada participante ou equipo terá que facer un número de controis dentro dun tempo máximo, cumplindo un mínimo e non sobrepasando un máximo.
Ao chegar á meta, darase un relevo co compañeiro aleatorio que teña chegado, e se intercambian as tarxetas de rexistro, completando a carreira do compañeiro. Poderase facer individual ou en equipos.
Directora de proba: Tere Bellón
Trazador: Adri Moreira
Técnico Sportident: Dailo Díaz
Data e hora: 21 de Decembro a partir das 10:30
10:30 explicación de como se desenvolve a proba
10:40 entrega de mapas
10:45 saída en masa de TODOS os participantes
Ademáis, faremos un concurso de disfraces votando ao disfraz máis orixinal ao final da proba, todos aqueles participantes que veñan disfrazados terán un obsequio!
A participación está aberta a realizarse individual ou por equipos, no caso de equipos moi numerosos, enviar mediante e-mail a orientacion@aromon.gal o nome e apelidos, data de nacemento e DNI de TODOS os participantes.