AROMON PONTEVEDRA MONTAÑEIROS A ROELO

Tempada 2022

CIF: G36149714 | Rúa Benito Corbal 45, 3º andar Oficina 5 , Pontevedra España CP: 36001

Orientación. ESCOLA club (tempada 22-23) - Bimestre Nov-Dec

Orientación. ESCOLA club (tempada 22-23) - Bimestre Nov-Dec

ESCOLA de ORIENTACIÓN. Tempada 22-23

A escola de orientación de Aromon volve este curso para proporcionar ós socios e socias unha sesión semanal de adestro persoalizados.

Co obxectivo de mellorar o rendemento neste deporte, tratarase de adaptar a planificación das sesións ás necesidades e preferencias específicas do grupo que se constitúa.

Data de inicio: 27 de outubro.

¿QUEN PODE ASISTIR?

Socios e socias do clube Aromon e membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo.

As persoas socias federadas realizarán adestros orientados á tecnificación deportiva.

As persoas socias que se queiran adentrar neste deporte contarán cun perco­rrido de iniciación.

HORARIO

As sesións terán lugar os xoves en horario de 16:30h a 18:30h. Ó longo do mes contaremos con:

- Dous adestros en bosque máis próximos á area de Pontevedra.

- Un adestro máis próximo á área de Vigo.

- Un adestro urbán.

TARIFAS

Adultos: 60€/trimestre

Rapaces: 45€/trimestre

No caso dos socios e socias que só queiran acudir a unha sesión mensual a tarifa será de 15€/trimestre

 

Inscrición trimestral só daqueles soci@s que confirmouselles vía correo electrónico o grupo de adestramento ao que asistirá e tras cumprimentar o formulario solicitado.

NOTA: O abono da escola de farase trimestralmente:

  • 1º pago: Novembro e decembro 2022.
  • 2º pago: Xaneiro, febreiro e marzo 2023.
  • 3º pago: Abril, maio e xuño 2023.

É obrigatorio ter LICENZA FEDERATIVA de Orientación en vigor, a excepción d@s soci@s que se inscriban en iniciación.

 

Prezos (tarifa de servicio e impostos incluidos)*

ADULTOS (nov-dec) - 40 €
MENORES de 18 anos (nov-dec) - 30 €
1 Sesión Mensual (nov-dec) - 10 €

Disponibilidade

Dende venres, 21 de outubro de 2022
Ata venres, 30 de decembro de 2022
*Os impostos poderían variar en función da dirección de facturación facilitada