CONCELLO DE RIANXO

Tempada 2024

CIF: P1507300J | Praza de Castelao, 1. , Rianxo España CP: 15920

O Camiño de Santiago 2024: O Camiño Primitivo

O Camiño de Santiago 2024: O Camiño Primitivo

BASES DE ORGANIZACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO 2024: O CAMIÑO PRIMITIVO

Artigo 1.- Organización

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza o “Camiño 2024: o Camiño Primitivo”, no que seguiremos o itinerario do “Camiño Primitivo”, que vai desde A Fonsagrada ata Santiago de Compostela.

A actividade desenvolverase en 6 etapas, nos meses de marzo a maio, desde A Fonsagrada (Lugo) a Santiago de Compostela.

Artigo 2.- Persoas destinatarias

Maiores de 18 anos; teñen preferencia as persoas residentes en Rianxo.

Artigo 3.- As etapas

ETAPA

ITINERARIO

LONXITUDE

DIFICULTADE

DATA PREVISTA

1

    1. A Fonsagrada – Baleira

24,6 km.

Media

02/03/24

2

    1. Baleira – Lugo

29 km.

Media

23/03/24

3

    1. LugoSan Romao da Retorta

18,8 km.

Media

06/04/24

4

    1. San Romao da Retorta - Melide

28,4 km.

Media

20/04/24

5

    1. Melide – Arca O Pino

32 km.

Media

04/05/24

6

    1. Arca O Pino – Santiago

18,4 km.

Media

11/05/24

Artigo 4.- Programa de viaxe

  • Cada etapa terá o seu propio programa, no que se detallarán as cuestións relativas á organización, horarios, normas e desenvolvemento da actividade.

  • Ao tratarse dunha actividade social con carácter turístico, nas etapas está previsto deixar tempo para xantar, co mesmo sistema utilizado en actividades do Camiño precedentes. Os autobuses sairán despois do xantar.

  • O punto de encontro para a saída desde Rianxo establécese na parada de autobuses do paseo da Ribeira.

Artigo 5.- Prezo público.

  • Cada etapa ten un prezo de 15 €/etapa.

  • O prezo inclúe os custes de organización, transporte, monitorado e seguro de accidentes.

Artigo 6.- Prazas

  • Ofértanse 105 prazas.

  • O número mínimo de participantes para que se desenvolva a actividade é de 35.

  • A organización reservase a potestade de incrementar o número de prazas.

Artigo 6.1.- Preinscrición e documentación

  • As preinscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes, nas plataformas dixitais que se habiliten e nos pavillóns municipais ata as 14 h. do 20 de febreiro.

  • A ficha de inscrición recollerá, ademais dos datos persoais, a data e hora de formalización da mesma, así como a autorización expresa para comprobar no Padrón Municipal o seu lugar de residencia. No caso de non autorizalo, solicitaráselle un volante de empadroamento.

Artigo 6.2.- Adxudicación das prazas e orde de preferencia

  • A adxudicación da praza farase por orde de inscrición.

  • No caso dun maior número de solicitudes que prazas, terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Rianxo.

  • O 21 de febreiro publicarase na web do Servizo de Deportes, e nos taboleiros de anuncios do Servizo de Deportes e dos pavillóns polideportivos, a listaxe de participantes e a listaxe de espera.

  • Despois desa data seguirán admitíndose inscricións que se ordenarán segundo os criterios establecidos nestas bases.

Artigo 6.3.- Pagamento da primeira etapa

  • A inscrición non se considerará completa ata o pagamento do cota de inscrición.

  • O Concello de Rianxo emitirá unha carta de pago para cada inscrición.

  • Unha vez confirmada a praza, o Concello emitirá unha carga de pagamento para cada inscrición, que deberá facerse efectiva antes do mércores 28 de febreiro.

  • No caso de non facerse o pagamento no prazo indicado, chamarase á primeira persoa da lista de espera e así sucesivamente.

  • No caso de non participar na actividade por causas alleas á organización, non se devolverá o importe da inscrición. Dito pagamento si será válido para a seguinte etapa na que participe, sempre e cando non sexa a última.

Artigo 6.4.- 2ª Etapa e posteriores.

Aqueles que participaron na etapa anterior terán reservada a praza, debendo comunicar ao Servizo de Deportes a súa intención de participar na etapa correspondente antes das 14 h do luns anterior a dita etapa. No caso de non facelo chamaríase ao correspondente na listaxe de espera.

Unha vez confirmada a praza, o Concello emitirá unha carga de pagamento para cada inscrición, que deberá facerse efectiva antes das 14 h. do mércores anterior á etapa.

Artigo 6.5.- Listaxe de espera

  • A listaxe de espera configúrase con aquelas persoas que non acadan praza, seguindo a orde de preferencia establecida nestas bases: data e hora de inscrición e residencia en Rianxo.

  • A listaxe é válida para todas as etapas, e non é necesario inscribirse para cada unha delas por separado.

  • A partir da segunda etapa, a listaxe de espera actualizarase tendo en conta a seguinte orde de preferencia:

    1. As participantes en maior número de etapas sen contar a última, e así sucesivamente.

    2. Data e hora de inscrición.

  • Se algunha persoa desexa ser borrada da listaxe de espera deberá comunicalo á organización.

Artigo 7.- Normativa xeral e de seguridade

  • A organización resérvase o dereito de modificar datas ou percorridos, así como aprazar etapas por razóns de necesidades organizativas, de seguridade ou por incidencias meteorolóxicas (Alerta amarela/laranxa)

  • No caso de suspenderse unha etapa, trasladarase esa etapa á data da seguinte e así sucesivamente.

  • Cada participante será a encargada do seu avituallamento, tanto durante o percorrido coma no remate.

  • Non se permitirán animais de compañía.

  • A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

  • Cada etapa está cuberta por un seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes, subscritos ambos polo Concello de Rianxo.

  • As persoas participantes deberán circular polo percorrido marcado pola organización ou seguindo os tracks que desde a propia organización se facilitan, considerándose para todos os efectos usuarias normais da vía e deberán respectar as normas de circulación.

Artigo 8.- Dereitos de imaxe, uso de datos e autorizacións

  • A inscrición na actividade supón a aceptación das presentes bases.

  • As persoas inscritas declaran estar en bo estado físico e ter pasado os pertinentes recoñecementos de saúde, e deberán facer constar calquera incidencia médica (alerxias, atencións especiais...).

  • Os/as participantes autorizan e aceptan a publicación do seu nome e apelidos, así como a súa imaxe, nos documentos xerados para a xestión da actividade, listaxes de participantes, medios de comunicación e internet para a promoción do deporte.

Artigo 9.- Comunicación e publicidade

  • Estas bases publicaranse no taboleiro de anuncios, sede electrónica e na páxina web municipal.

  • A información sobre as prazas publicarase nos taboleiros de anuncios do Servizo de Deportes e Pavillóns Polideportivos, así como na web do Concello de Rianxo.

  • Os programas de etapa difundiranse a través do FB do Servizo de Deportes, do correo electrónico e dunha listaxe de distribución de whatsapp.

  • É responsabilidade das persoas inscritas e/ou participantes a comprobación da admisión na actividade e a realización das reservas, pagamentos e demais accións en debido prazo.

  • A organización, salvo casos excepcionais, non chamará por teléfono ás persoas participantes.”

Prezos (tarifa de servicio e impostos incluidos)*

Inscrición Camiño de Santiago 2024: O Camiño Primitivo - 0 €

Disponibilidade

Dende luns, 5 de febreiro de 2024
Ata sábado, 25 de maio de 2024
*Os impostos poderían variar en función da dirección de facturación facilitada