Club Basquet Coruña

Temporada 24/25

CIF: A15565054 | Rúa Arquitecto Rey Pedreira, 3, 15011 A Coruña , A Coruña España CP: 15011

CAMPUS NADAL 2024

CAMPUS NADAL 2024

O Club Basquet Coruña celebrará unha nova edición do seu Campus Nadal 2024. Nesta ocasión terá lugar os días 23, 24, 26 e 27 de decembro.


A actividade lúdico-deportiva que abre hoxe as súas inscricións é un campamento que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer e diversión e está dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2013 e 2019 (ambos incluídos). Os participantes agruparanse por grupos de idade e nivel, favorecendo así a diversión e o maior aproveitamento do Campus.

O Campus terá lugar no Polideportivo de Agra 2 en horario de 09h a 14h, con opción de madrugadores dende as 8h00 e horario prolongado ata as 14h30, e desenvolverano monitores e adestradores con formación específica en baloncesto. O obxectivo das sesións será a mellora dos fundamentos técnico-tácticos, sen esquecer o compoñente de diversión. Dentro das actividades que terán lugar dentro do Campus, cabe destacar a excursión con visita ao adestramento do equipo ACB no Coliseum o día 27 de decembro.

O Campus conta cun seguro de accidentes para poder facer fronte ás atencións médicas que puidesen ser necesarias durante a súa celebración.

O prezo xeral será de 120€* e se pertences á #FamiliaLaranxa (abonados, fillos de abonados e xogadores do club) o importe será de 100€*.

* Se asisten 2 irmáns ao campus, o segundo terá un 10% de desconto.

* Madrugadores: suplemento de 10€.

* Horario prolongado ata as 14h30: suplemento de 5€.

O prezo inclúe 2 invitacións para o partido Leyma Coruña - Surne Bilbao basket do 28 de decembro.

Desde o Básquet Coruña convidámosvos a anotarvos ao noso Campus de Nadal e gozar este Nadal dunha experiencia formativa que aúna baloncesto e diversión. Esperámosvos!

Política de devolucións:

  • En caso de cancelación dunha inscripción antes do 30/11/2024:
    • procederase á devolución do 70% do importe pago.
  • En caso de cancelación dunha inscrición entre o 1/12/2024 e o 15/12/2024:
    • procederase UNICAMENTE á devolución do 50% do importe pago.
  • En caso de baixas despois do 15/12/2024 e durante o desenvolvemento do campus:
    • Terase dereito a devolución unicamente no caso de baixa por causa de forza maior debidamente acreditada.
    • En caso de abandono voluntario ou por unha causa non tipificada como de forza maior, non haberá dereito a ningunha devolución.
      Prezos (tarifa de servizo e impostos incluídos)*



Precios (tarifa de servicio e impuestos incluidos)*

TARIFA GENERAL CAMPUS - 120 €
TARIFA GENERAL CAMPUS + MADRUGADORES - 130 €
TARIFA GENERAL CAMPUS + HORARIO PROLONGADO (14H30) - 125 €
TARIFA GENERAL CAMPUS + MADRUGADORES + HORARIO PROLONGADO (14H30) - 135 €
TARIFA GENERAL 2º HERMANO CAMPUS - 108 €
TARIFA GENERAL 2º HERMANO CAMPUS + MADRUGADORES - 117 €
TARIFA GENERAL 2º HERMANO CAMPUS + HORARIO PROLONGADO (14H30) - 112.5 €
TARIFA GENERAL 2º HERMANO CAMPUS + MADRUGADORES + HORARIO PROLONGADO (14H30) - 121.5 €
TARIFA FAMILIA NARANJA CAMPUS - 100 €
TARIFA FAMILIA NARANJA CAMPUS + MADRUGADORES - 110 €
TARIFA FAMILIA NARANJA CAMPUS + HORARIO PROLONGADO (14H30) - 105 €
TARIFA FAMILIA NARANJA CAMPUS + MADRUGADORES + HORARIO PROLONGADO (14H30) - 115 €
TARIFA FAMILIA NARANJA 2º HERMANO CAMPUS - 90 €
TARIFA FAMILIA NARANJA 2º HERMANO CAMPUS + MADRUGADORES - 99 €
TARIFA FAMILIA NARANJA 2º HERMANO CAMPUS + HORARIO PROLONGADO (14H30) - 94.5 €
TARIFA FAMILIA NARANJA 2º HERMANO CAMPUS + MADRUGADORES + HORARIO PROLONGADO (14H30) - 103.5 €

Disponibilidad

Desde miércoles, 13 de noviembre de 2024
Hasta jueves, 19 de diciembre de 2024
*Los impuestos podrían variar en función de la dirección de facturación facilitada