CIF: G70046362 | Vila de Noia s/n, Pavillón Vila de Noia , Carballo España CP: 15100
Inscrición para o Campamento de Nadal do Concello de Carballo, patrocinado por Gestagua e coa colaboración de Escolas Balonmán Xiria e Escola Lubiáns.
Un campamento urbano que combina o fomento da actividade física e o traballo en equipo coa conciencia ecolóxica e o uso responsable dos recursos hídricos, facilitando ao mesmo tempo a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.
Datas: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro.
Horario: de 09:00 a 14:00 h, de luns a venres (agás festivos).
Lugar: Pavillón CEIP Fogar.
Idades: nenas e nenos nados entre 2015 e 2023 (ambos os dous incluídos).
Prezo: 30 € por participante.
Actividades: adaptadas a cada franxa de idade. Entre outras: balonmán, hóckey, patinaxe, psicomotricidade, xincanas, obradoiros, xogos populares, sesións de concienciación sobre o uso da auga, visita ao Ciclo Integrado da Auga e moito máis!
Prazo de inscrición: ata o 13 de decembro ou ata esgotar as prazas.
Pagamento: nesta mesma ligazón mediante tarxeta bancaria.
A ter en conta:
Débese cubrir unha inscrición individual por cada participante.
As prazas son limitadas e adxudicaranse por estrita orde de inscrición.
A praza non quedará reservada ata que se cubra o formulario e se realice o pagamento correspondente.
Non se realizarán devolucións do importe unha vez pechado o prazo de inscrición.
Para calquera dúbida ou incidencia: por email en administracion@balonmanxiria.com ou por Whatsapp no 650 65 39 22 e 609 56 09 55.
Prezos (tarifa de servicio e impostos incluidos)*
Disponibilidade