Os Concellos de Dodro e Rianxo, dentro do Programa Goza do Ulla, organizan para o vindeiro domingo 28 de setembro unha andaina que discorre polos dous concellos.
A andaina comeza no conxunto de hórreos da Lavandeira en Imo, Concello de Dodro, alternando zonas de braña próximas ao río e zonas altas con fermosas panorámicas. Chégase ao Concello de Rianxo pola aldea da Vacariza, circulando pola marxe do río ata a visita ás Tres Cruces. O percorrido remata na aldea de Rañó en Leiro.
Información:
Actividade gratuíta.
Data: Domingo 28 de setembro.
Hora de inicio: 9:30 h.
Lugar de inicio: A Lavandeira – Imo GPS 42º42´45.71” N 8º43´26.63” O.
https://maps.app.goo.gl/bV1Cd16coxtr2NYs5
Lugar de finalización: A Veliña – Rañó – Leiro.
Duración: 3,5 a 4,5 horas, segundo ritmo.
Distancia: 18 Km.
Inscricións: ata o mércores 24 de setembro ás 23:59 h na páxina web dos concellos de Dodro e Rianxo.
A organización disporá un servizo de autobuses para levar de volta ao punto de inicio aos participantes.