O Club Basquet Coruña celebrará unha nova edición do seu Campus semana Santa 2026. Nesta ocasión terá lugar os días 30 e 31 de marzo, 1 e 6 de abril.
A actividade lúdico-deportiva que abre hoxe as súas inscricións é un campamento que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer e diversión, e está dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2014 e 2020 (ambos incluídos). Os participantes agruparanse por grupos de idade e nivel, favorecendo así a participación e o maior aproveitamento do Campus.
O Campus terá lugar no Polideportivo de Agra 2 en horario de 9:00 a 14:00, con opción de madrugadores desde as 8:00 e horario prolongado ata as 14:30, e desenvolverano monitores e adestradores con formación específica en baloncesto. O obxectivo das sesións será a mellora dos fundamentos técnico-tácticos, sen esquecer o compoñente de diversión.
O Campus conta cun seguro de accidentes para poder facer fronte ás atencións médicas que puidesen ser necesarias durante a súa celebración.
O prezo xeral será de 125€* e se pertences á #FamiliaLaranxa (abonados, fillos de abonados e xogadores do club) o importe será de 105€*.
* Se asisten 2 irmáns ao campus, o segundo terá un 10% de desconto.
* Madrugadores - suplemento de 15€.
* Horario prolongado ata as 14:30 - suplemento de 5€.
O prezo inclúe 2 invitacións para o partido Leyma Coruña - FC Cartagena CB.
Desde o Básquet Coruña convidámosvos a anotarvos ao noso Campus de Semana Santa e gozar dunha experiencia formativa que aúna baloncesto e diversión. Esperámosvos!
Política de devolucións:
- En caso de cancelación dunha inscripción antes do 15/03/2025:
- procederase UNICAMENTE á devolución do 50% do importe pago.
- En caso de baixas dende o 16/03/2024 e durante o desenvolvemento do campus:
- Terase dereito a devolución unicamente no caso de baixa por causa de forza maior debidamente acreditada.
- En caso de abandono voluntario ou por unha causa non tipificada como de forza maior, non haberá dereito a ningunha devolución.
*Prezos (tarifa de servizo e impostos incluídos)